Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 18857

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 51/2016, do 4 de maio, polo que se nomean os vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias.

O artigo 20 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia (no sucesivo LEG) establece a composición do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias, e determina que os vogais os nomeará e cesará o Consello da Xunta de Galicia por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

O presente decreto ten por obxecto nomear os vogais que formarán parte do Consello Reitor en representación da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e da Administración do Estado, así como aqueles que participarán na súa condición de expertos como consecuencia das modificacións introducidas na estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, fixada definitivamente polo Decreto 129/2015, do 8 de outubro, ao cal se debe engadir a existencia dunha vogalía vacante correspondente a un dos expertos nomeados no seu momento, así como os cambios producidos na representación da Fegamp no dito consello tras as eleccións locais do pasado ano 2015.

Os vogais propostos en representación da Xunta de Galicia designáronos os responsables das consellerías implicadas nos termos previstos na antedita lei, os representantes dos concellos de Galicia designounos o órgano de goberno da Fegamp e, no que respecta ao representante da Administración do Estado, designouno a Delegación do Goberno en Galicia. Finalmente, os vogais expertos propúxoos a presidencia do Consello Reitor, que corresponde ao presidente da Axencia Galega de Emerxencias.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de maio de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear como vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias as seguintes persoas:

En representación da Xunta de Galicia:

– Beatriz Cuiña Barja, secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

– Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

– María Jesús Lorenzana Somoza, secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

– Tomás Fernández Couto-Juanas, director xeral de Ordenación e Produción Forestal da Consellería do Medio Rural.

-José Antonio Iglesias Vázquez, director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061 da Consellería de Sanidade.

– Lino Sexto Bermúdez, director de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar.

-Francisco Menéndez Iglesias, director da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

En representación dos concellos, logo de designación pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

– José Luis García García, alcalde do Concello de Brión.

– Adolfo Muíños Sánchez, alcalde do Concello de Rianxo.

– Jorge Juan Suárez Fernández, alcalde do Concello de Ferrol.

– José López Campos, alcalde do Concello da Estrada.

En representación da Administración do Estado, logo de designación pola Delegación do Goberno en Galicia:

– José María Mayán Vilariño, xefe da unidade de Protección Civil da Delegación do Goberno en Galicia.

Na súa condición de expertos en materia de emerxencias:

– Mario Antuña Sariego, experto en materia de salvamento e protección civil, responsable do servizo de extinción de incendios, salvamento e protección civil do Concello de Cervo.

– Cesáreo Rey Noya, experto en materia de servizos de salvamento e protección civil, antigo responsable do Parque de Bombeiros da cidade de Santiago de Compostela.

– Juan José González Fernández, investigador experto en materia de contaminación mariña do Instituto Español de Oceanografía.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogados o Decreto 336/2009, do 11 de xuño, polo que se nomean os vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias, e o Decreto 34/2011, do 17 de febreiro, polo que se dispón a substitución de dous vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Emerxencias.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de maio de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza