Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 18964

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2016 pola que se convoca o Congreso de mediación intraxudicial.

A Academia Galega de Seguridade Pública, de acordo co plan de formación aprobado polo seu Consello Reitor do 11 de febreiro de 2016, anuncia a convocatoria do Congreso de mediación intraxudicial, en colaboración co Centro Integral de Análise e Resolución de Conflictos da USC e do Grupo Europeo de Maxistrados para a Mediación (Gemme), de acordo coas seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: Congreso de mediación intraxudicial.

Tipo: congreso.

Edicións: 1.

Horas lectivas: 12.

Modalidade: presencial.

Obxectivos: análise e reflexión acerca da mediación desde un ámbito multidisciplinar.

Programa:

– Estado da mediación intraxudicial en España.

– Mediación no contexto das relacións laborais.

– Mediación no ámbito xurisdicional penal.

– Mediación policial.

– As institucións e o seu compromiso coa implantación da mediación.

– Mediación familiar.

– Reflexión acerca da práctica da mediación en asuntos civís, mercantís e hipotecarios.

– A mediación entre as administracións e a cidadanía: unha realidade.

– Compromiso coa formación.

– Mediación e xustiza restaurativa.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as: persoal da Unidade da Policía Adscrita á Comunidade Autónoma, dos corpos de Policía local de Galicia, da Garda Civil e da Policia Nacional e interesados en xeral.

Prazas ofertadas: limitadas á capacidade (máximo 400).

3. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 22 de xuño de 2016.

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, que poden atopar no enderezo da internet http://agasp.xunta.es

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporán de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, do fax 886 20 61 22 no enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección: exclusivamente por orde de inscrición.

Lista de solicitudes seleccionadas: o día 24 de xuño de 2016, a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

5. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Agasp.

Datas: 29 e 30 de xuño de 2016.

Certificado de asistencia: o finalizar a actividade entregaráselles un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que acrediten á súa asistencia continuada a esta.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade, ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir o curso, ampliar novas edicións deste ou suspendelo temporalmente, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización, realización ou docencia.

A Estrada, 5 de maio de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública