Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19218

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), pola que se fixan a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Na sesión do 4 de maio de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016 (DOG núm. 74, do 19 de abril), para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o sábado 4 de xuño de 2016 e que o lugar de realización será o salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016

Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal