Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19296

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación da subministración de ligante C69BP3 para a súa utilización polas brigadas durante o ano 2016 na zona oeste da provincia.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministracion de ligante C69BP3 para a súa utilización polas brigadas da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2016 na zona oeste da provincia, cun tipo de licitación de 120.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a quen o solicite, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32, ou por telé- fono 988 31 75 40 e fax 988 31 75 02 ou na páxina web da Deputación www.depourense.es

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (de non seren simultáneos).

Ourense, 2 de maio de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense