De conformidade co previsto no artigo 1.2 do Regulamento orgánico dos centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias, aprobado polo Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26 de xaneiro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:
Provincia: A Coruña.
Concello: Ares.
Código: 15000338.
Denominación actual: Centro Público Integrado Conde de Fenosa.
Nova denominación: Centro Público Integrado As Mirandas.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria