Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de maio de 2016, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da Inspección, comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin se exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos no anexo para que, no prazo de 15 días, poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes. Poderán examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Ourense.

Ourense, 10 de maio de 2016

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Café-Bar Casa Fonteloza.

Titular: Casa Fonteloza, S.L.

Enderezo: rúa Ervedelo, nº 18.

Concello: Ourense.

Establecemento: Restaurante Casa Fonteloza.

Titular: Casa Fonteloza, S.L.

Enderezo: rúa Ervedelo, nº 18.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar de Moe’s.

Titular: Yolanda Pereira Barja.

Enderezo: rúa Constitución, nº 2.

Concello: O Barco de Valdeorras.

Establecemento: Restaurante A Rola.

Titular: José Rodríguez Álvarez.

Enderezo: O Corgo-Mugueimes.

Concello: Muíños.

Establecemento: Café Bar Pascuas.

Titular: Pascuas, S.C.

Enderezo: rúa Calvo Sotelo, nº 79.

Concello: San Cristovo de Cea.

Establecemento: Café-Bar Sidrería Eguzki Art.

Titular: Patxi Mirena Manterola Bisquert.

Enderezo: Cancela, Requeixo, nº 43-Armariz.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Establecemento: Café-Bar Am-Ber.

Titular: Cristian de Rueda Alonso.

Enderezo: rúa Francisco Asorey, nº 5.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Ardila’s Café.

Titular: Mª Pilar Ardila Mejía.

Enderezo: rúa Valle Inclán, nº 1 baixo.

Concello: O Barco de Valdeorras.

Establecemento: Café Bar El Sitio.

Titular: Gertudris Adela González Salgado.

Enderezo: rúa Sainza, nº 58 baixo.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Quinto Centenario.

Titular: José Luis Lorenzo Pardo.

Enderezo: rúa Bedoya, nº 21.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar O de Vinci.

Titular: Vanesa Fortúnez Alonso.

Enderezo: rúa Doctor Temes, nº 28.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Va a ser que Sí.

Titular: Juan Carlos Vázquez Seijas.

Enderezo: avda. Buenos Aires, 185.

Concello: Ourense.

Establecemento: Cafetería Faime Caso.

Titular: Kennia Barbosa Brandao.

Enderezo: rúa Doutor Fleming, nº 23.

Concello: Ourense.

Establecemento: Restaurante Santa Ángela.

Titular: Mª Ángeles Martínez Pérez.

Enderezo: rúa Valle Inclán, nº 10.

Concello: O Barco de Valdeorras.

Establecemento: Camping Nieves.

Titular: José M. Losada.

Enderezo: avda. América, s/n.

Concello: A Pobra de Trives.