Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19348

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (63/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 63/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ernesto Rodríguez Castro, Ramón Iglesias Rancaño, Manuel Abad Paredes, Juan Luis Cruces Rodríguez, Juan Ángel Botana Calvo, José Manuel Martínez Merelles, Manuel Pulleira Becerra contra Viproga, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, ditáronse as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, vinte e un de abril de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Único. Ernesto Rodríguez Castro, Ramón Iglesias Rancaño, Manuel Abad Paredes, Juan Luis Cruces Rodríguez, Juan Ángel Botana Calvo, José Manuel Martínez Merelles, Manuel Pulleira Becerra presentaron escrito en que solicitaban a execución da sentenza 352/2015, de data 19 de novembro de 2015, ditada no procedemento ordinario 948/2010 e acumulado 306/2011, fronte a Viproga, S.A. e Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 131.635,7 euros en concepto de principal (Ernesto Rodríguez Castro: 11.198,38 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.037,92 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; José Manuel Martínez Merelles: 11.478,05 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.188,71 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Juan Ángel Botana Calvo: 11.619,77 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.265,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Manuel Pulleira Becerra: 16.820,08 euros en concepto de salarios e outros, máis 9.069,02 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Ramón Iglesias Rancaño: 12.047,97 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.496 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Manuel Abad Paredes: 10.961,39 euros en concepto de salarios e outros, máis 5.910,14 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Juan Luis Cruces Rodríguez: 11.397,6 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.145,34 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET) e de 13.163,57 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculados segundo o criterio do 251.1 LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, o 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprir na súa integridade a obriga, se se apreciase falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se deberá aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución en diñeiro o aboamento dos xuros procesuais, se procedesen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituída ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose esixible, non se lle imporán as custas da execución que se tiver instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, unha vez ditado o auto pola maxistrada, a letrada da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos en citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza 352/2015, de data 19 de novembro de 2015 ditada no procedemento ordinario 948/2010 e acumulado 306/2011, a favor da parte executante, Ernesto Rodríguez Castro, Ramón Iglesias Rancaño, Manuel Abad Paredes, Juan Luis Cruces Rodríguez, Juan Ángel Botana Calvo, José Manuel Martínez Merelles, Manuel Pulleira Becerra, fronte a Viproga, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 131.635,7 euros en concepto de principal (Ernesto Rodriguez Castro: 11.198.38 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.037,92 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; José Manuel Martínez Merelles: 11.478,05 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.188,71 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Juan Ángel Botana Calvo: 11.619,77 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.265,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Manuel Pulleira Becerra: 16.820,08 euros en concepto de salarios e outros, máis 9.069,02 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Ramón Iglesias Rancaño: 12.047,97 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.496 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Manuel Abad Paredes: 10.961,39 euros en concepto de salarios e outros, máis 5.910,14 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Juan Luis Cruces Rodríguez: 11.397,6 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.145,34 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 13.163,57 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta 0049 3569 9200 0500 1274, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «30 Social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a cal se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e un de abril de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Ernesto Rodríguez Castro, Ramón Iglesias Rancaño, Manuel Abad Paredes, Juan Luis Cruces Rodríguez, Juan Ángel Botana Calvo, José Manuel Martínez Merelles, Manuel Pulleira Becerra presentaron demanda de execución de sentenza 352/2015, de data 19.11.2015, ditada no procedemento ordinario 948/2010 e acumulado 306/2011, fronte a Viproga, S.A. e Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. En data 21 de abril de 2016 este órgano xudicial ditou auto en que se despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 131.635,7 euros en concepto de principal (Ernesto Rodríguez Castro: 11.198.38 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.037,92 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; José Manuel Martínez Merelles: 11.478,05 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.188,71 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Juan Ángel Botana Calvo: 11.619,77 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.265,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Manuel Pulleira Becerra: 16.820,08 euros en concepto de salarios e outros, máis 9.069,02 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Ramón Iglesias Rancaño: 12.047,97 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.496 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Manuel Abad Paredes: 10.961,39 euros en concepto de salarios e outros, máis 5.910,14 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET; Juan Luis Cruces Rodríguez: 11.397,6 euros en concepto de salarios e outros, máis 6.145,34 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 13.163,57 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Viproga, S.A., realizada por decreto de data 10.11.14 ditado por este xulgado na ETX 236/2014, cuxa copia testemuñada se une aos autos para os efectos de constancia.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución, sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non posúa ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, ditouse por auto desta data, e é procedente, por imperativo do número 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto e sinalar as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se é o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, unha vez declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e poderá ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, e deberá darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens, de ser o caso. Por iso e vista a insolvencia xa ditada contra a/s executada/s adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Viproga, S.A., dar audiencia previa á parte actora Ernesto Rodríguez Castro, Ramón Iglesias Rancaño, Manuel Abad Paredes, Juan Luis Cruces Rodríguez, Juan Ángel Botana Calvo, José Manuel Martínez Merelles, Manuel Pulleira Becerra e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo ectrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguido do «31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza