Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 13 de maio de 2016, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer a realización da poxa pública de varios bens e dereitos.

De conformidade co Acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 19 de abril de 2016, infórmase que o día 16 de xuño de 2016, ás 10.00 horas, no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22), terá lugar a poxa pública dos bens e dereitos que se describen a seguir:

Lote

NIF

Nome

Descrición do ben

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramos

1

B15957194

Axencia Inmobiliaria Raviña, S.L.

Pleno dominio con carácter privativo por título de achega do predio rústico, monte de nome Viveiro, sito en San Breixo de Sergude, concello de Boqueixón, dunha superficie de 630,25 m2. Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, 1, número de predio 21602, tomo 1470, libro 111, folio 85, alta 2

28.616,73

Non constan

28.616,73

100,00

2

32426616C

Conde Blanco, Francisco Javier

100 % da núa propiedade con carácter privativo en virtude de pacto de mellora con entrega de presente do 26.12.2011 e dereitos hereditarios que poidan corresponderlle sobre o dereito de usufruto, do piso primeiro interior esquerda, da casa número 28, antes sen número de policía, sita na rúa denominada Segunda Travesía de Hércules, hoxe rúa Monte Alto, na cidade da Coruña. Superficie útil de 59,96 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña, 4, de número de predio 5951, tomo 98, libro 98, folio 123, alta 2

53.229,41

Non constan

53.229,41

500,00

3

B15140668

Construcciones La Rosaleda, S.L.

Pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda da praza de garaxe número 29, no andar a nivel das vivendas -nivel +16,30- na zona posterior do edificio en Poio, número 44 da avenida da Costa. Superficie de 11,52 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontevedra 2, de número de predio 16369, tomo 1820, libro 193, folio 75

3.529,05

Non constan

3.529,05

100,00

4

A15068976

Electricidad Hermanos Domínguez, S.A.

Vehículo marca Mitsubishi, modelo L 200, bastidor MMBJNK7401D003132, matrícula 5749BCW

1.700

Non constan

1.700.00

50,00

5

A15068976

Electricidad Hermanos Domínguez, S.A.

Vehículo marca Nissan, modelo Cabstar, número de bastidor VWASBFTL022155980, matrícula 6117BWM

2.800

Non constan

2.800,00

50,00

6

B70152095

Galicia Mar Renovables, S.L.

Concesión administrativa, sita no porto de Cariño, 15360 Cariño, A Coruña, dunha superficie de 5.810,79 metros cadrados. Predio 4955 do Rexistro da Propiedade de Santa Marta de Ortigueira

889.641,50

249.542,00

640.099,50

500,00

7

52451259N

Insua Sobrido, Francisco Javier

1/8 do pleno dominio con carácter privativo da casa dun só andar sita no lugar de Entrehortas, na parroquia de Lesón, concello da Pobra do Caramiñal. Superficie de 67,50 m2 e terreo unido ata completar a superficie de 89,25 metros cadrados. Predio 4664 do Rexistro da Propiedade de Noia. Referencia catastral: 5278618NH0157N0001AZ

3.527,55

Non constan

3.527,55

100,00

8

33262494D

López Rouco, José Jorge

Casa sita no lugar de Pazo, da vila de Rianxo, provincia da Coruña, composta de andar baixo de 87 metros cadrados, andar primeiro de 58 metros cadrados e andar baixo cuberta de 23 metros cadrados. Dispón dun alpendre de andar baixo de 73 metros cadrados e andar alto de 46 metros cadrados e dun terreo anexo de 1540 metros cadrados. Predio 10580 do Rexistro da Propiedade de Padrón

92.943,06

63.468,20

22.106,14

500,00

9

33262494D

López Rouco, José Jorge

Predio a labradío Vista Real, sito no lugar Illobre, parroquia de Taragoña, concello de Riaxo, provincia da Coruña. Superficie de 2,58 áreas. Predio 9759 do Rexistro da Propiedade de Padrón

3.182,13

Non constan

3.182,13

100,00

10

X7904644G

Merlo Graciela, Esther

100 % do usufruto con carácter privativo por título de herdanza do predio rústico, monte de nome As Casas Ermas, sito no lugar das Casas Ermas, na localidade de Aparral, concello das Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña. Neste predio existen dúas adegas auxiliares. Dunha superficie de 3 hectáreas, 16 áreas e 17 centiáreas. A súa referencia catastral é 15071A039001700000YZ. Rexistro da Propiedade de Narón, con número de predio 18397, tomo 2776, libro 184, folio 216, alta 1

7.227,38

Non constan

7.227,38

100,00

11

B15933625

Promociones y Construcciones River

1/2 do pleno dominio por título de compravenda e 1/2 do pleno dominio por título de compravenda dunha porción de terreo propio para edificación procedente do que foi labradío e monte, chamado Prateiros de Atrás, parroquia de Santa María de Pastoriza, concello de Arteixo. Superficie de 225 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arteixo, de número de predio 12403, tomo 3251, libro 499, folio 180, alta 4

15.108,06

Non constan

15.108,06

100,00

12

76273541K

Rivas Roel, María Mabel

Pleno dominio con carácter privativo de predio a labradío, de nome Cova de Arriba, sita en Rutis, municipio de Culleredo, na provincia da Coruña, dunha superficie de 230. Linda ao norte con Manuel Bluquete, ao sur con cómaro, ao leste con camiño a Pena Loureira e ao oeste con Manuel Bluquete. Rexistro da Propiedade da Coruña, 3, de número de predio 17834, tomo 905, libro 189, folio 148, alta 2

4.430,01

Non constan

4.430,01

100,00

13

32361163W

Rodríguez Bujía, José Manuel

100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda do predio rústico, a monte, prado e labradío sito no lugar de Regada, Paderne, no concello de Cesuras. Da superficie de 90 áreas e 99 centiáreas. Predio nº 8459. Rexistro da Propiedade de Betanzos

8.203,17

Non constan

8.203,17

100,00

14

B15795222

Sogeinverca, S.L.

1/6 parte indivisa do pleno dominio por título de división horizontal do local destinado a rocho, no andar de soto tres, que forma parte da casa sinalada co número 53 da rúa Ángel Rebollo, na cidade da Coruña, dunha superficie de 19,70 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña 4, de número de predio 14221, tomo 21519, libro 324, folio 143, alta 1. Referencia catastral 8530013NJ4083S0001UM

6.180,48

Non constan

6.180,48

100,00

15

32588082A

Vázquez Amado, Ramiro

Predio rústico a uso agrario, sito no lugar de Bosque, concello da Coruña, polígono 12, parcela 412 de 538 metros cadrados. Referencia catastral 15900A012004120000YW

54.385,34

Non constan

54.385,34

500,00

16

32588082A

Vázquez Amado, Ramiro

Predio rústico a uso agrario, sito no lugar de Bosque, concello da Coruña, polígono 12, parcela 411 de 784 metros cadrados. Referencia catastral 15900A012004110000YH

79.252,99

Non constan

79.252,99

500,00

17

32433414X

Vilanova Recarey, María Ángeles

50 % do pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda da vivenda sita na parroquia de Santa María de Oza, bloque 2, andar 2, porta D, no concello da Coruña. De superficie útil de 89 metros e 30 decímetros cadrados. Predio nº 11194. Rexistro da Propiedade A Coruña 6

61.328,96

Non constan

61.328,96

500,00

18

47354065D

Vivero Martinez, Joanna Desiree

Pleno dominio con carácter privativo de predio urbano correspondente a local comercial sito no baixo, porta dereita, do edificio número 25 da rúa Sinforiano López da Coruña, dunha superficie de 50 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña, 1, de número de predio 74346, tomo 1307, libro 1307

30.055,14

Non constan

30.055,14

100,00

19

47354065D

Vivero Martinez, Joanna Desiree

Pleno dominio de predio urbano, a monte, denominado da Maduca ou Montillos, sito no lugar de Meicende, parroquia de Santa María de Pastoriza, concello de Arteixo, dunha superficie 156 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arteixo, de número de predio 14064, tomo 2913, libro 395, folio 49, alta 5

1.418,26

Non constan

1.418,26

100,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales se haberá que conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente. De de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria e, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Nese caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao rematar o prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

A Coruña, 13 de maio de 2016

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña