Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19559

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1514/2015).

Secretaria: Sra. Freire Corzo

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1514/2015-IP

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 764/2014. Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado/a: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Servizo Xurídico da Seguridade Social

Recorridos: Pizarras Sobradelo, S.A., Pizarras Robema, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Pizarras Las Cuartas, S.L.

Avogados: Pablo Espinosa Medina, Wilson Domingo Jones Romero, Marta Carabanchel Sánchez

Casación en unificación de doutrina: 118/2016 IP

Parte recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1514/2015 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Pizarras Sobradelo, S.A., Pizarras Robema, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Pizarras Las Cuartas, S.L., Juan Carlos Prieto Martínez, Pizarras Dal, S.A., Barreda López e Hijos, S.L., Pizarras San Cosme, S.L., Manuel Fernández Ares, sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza, María Isabel Freire Corzo.

Na Coruña o 27 de abril de 2016.

O anterior escrito subscrito pola letrada da Administración da Seguridade Social en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento da interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca, con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao seu pagamento o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso ao comparecer perante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Pizarras Robema, S.L., Pizarras Las Cuartas, S.L., Juan Carlos Prieto Martínez, Pizarras Dal, S.A., Manuel Fernández Ares e Pizarras Sobradelo, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza