Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2016 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de prevención alleos.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos de prevención alleos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 2/16.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de prevención alleos.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Lugar de execución/Lugar de entrega: Igape.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia inicial será de 24 meses e poderase prorrogar por outros 12 meses máis logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto. Contratación documentalmente simplificada.

4. Orzamento base de licitación.

O valor estimado da contratación ascende a 36.000 € (trinta e seis mil euros) máis o imposto sobre o valor engadido (IVE) de 4.082,40 € (catro mil oitenta e dous euros con corenta céntimos). Total de 40.082,40 € (corenta mil oitenta e dous euros con corenta céntimos), correspondendo 24.000 € (vinte e catro mil euros) máis 2.721,60 (dous mil setecentos vinte e un euros con sesenta céntimos) de IVE, total de 26.721,60 € ( vinte e seis mil setecentos vinte e un euros con sesenta céntimos) ao prazo de vixencia inicial (24 meses) e 12.000 € (doce mil euros) máis 1.360,80 (mil trescentos sesenta euros con oitenta céntimos) de IVE, total de 13.360,80 € (trece mil trescentos sesenta euros con oitenta céntimos) ao da posible prórroga (12 meses).

Orzamento máximo de licitación inicial:

24.000 € (vinte e catro mil euros) máis 2.721,60 (dous mil setecentos vinte e un euros con sesenta céntimos) de IVE. Total 26.721,60 € (vinte e seis mil setecentos vinte e un euros con sesenta céntimos), coa seguinte desagregación por conceptos/prezos unitarios:

Concepto

Unidades estimadas

Importes máximos

(sen IVE )

Total

(sen IVE)

Servizo de prevención de riscos

24 (meses)

540 €/mes

12.960 €

Exame de saúde por traballador

240 (exames)

46 €/exame

11.040 €

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupos, subgrupos e categoría): non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: suficiente solvencia económica e experiencia para a execución do contrato, segundo o establecido na epígrafe E da folla de especificacións. A solvencia acreditarase polos medios establecidos nas epígrafes F e G da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do anuncio do procedemento no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela, o prazo entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do remate do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas): en acto público, o décimo día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas), ás 10.00 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas): en acto público, o vixésimo día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas), ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Criterio

Valoración

Prezo mensual do servizo de prevención de riscos

35 %

Prezo unitario do servizo de vixilancia da saúde

25 %

Melloras aos contidos mínimos da vixilancia da saúde

20 %

Calidade da unidade móbil de recoñecemento médico en Santiago

20 %

11. Gastos de anuncios: 1.900 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. De ser o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos: www.igape.es/contratacions

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica