Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20854

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (As-20/2016).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-20/2016.

2. Obxecto do contrato: contratación do servizo de organización e produción de catro mercados urbanos para dinamizar o comercio local de barrio. Duración: dous (2) meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 60.000 € (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1, 2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que remata ás 13.00horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de maio de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Mª Eugenia Vieito Blanco
Concelleira responsable de Facenda e Administración