Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22333

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 11 de maio de 2016 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2016.

BDNS (Idenf.): 307692.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Organizacións sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

A convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Economía, Emprego e Industria ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento das súas actividades ordinarias durante o ano 2016, para o funcionamento dos seus gabinetes técnicos e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, co fin último da mellora das condicións de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de maio de 2016 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2016.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse un millón sesenta e tres mil oitocentos euros (1.063.800 €), de acordo coa seguinte distribución:

Axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais durante o ano 2016.

780.200 €, proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais solicitantes, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2015, en virtude das eleccións realizadas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.

Axudas para a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos das organizacións sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.

283.600 €, proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais intersectoriais que o soliciten, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2015, en virtude das eleccións realizadas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2016

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria