Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 19 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador ES-P-0040/16.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícase a persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia da publicación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 19 de maio de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: José Muñoz Rodríguez.

Expediente: ES-P-0040/16.

Último domicilio coñecido: rúa Barrio da Cruz, Budiño, 36475 O Porriño (Pontevedra).

Indicación do contido: notificáselle o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0040/16 como suposto responsable dunha infracción leve, ao abeiro dos artigos 104 e 108 da Lei 8/2012, do 26 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle á persoa interesada un prazo de 15 días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos e, se for o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.