Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0806/2015-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0806/2015-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Vigo, 24 de maio de 2016

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0806/2015-PPM.

Persoa interesada: Adelino Coutinho de Barros.

NIF: 8601837.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Cristelo Covo, nº 174, Valença do Minho (Portugal).

Expediente: PSC-PO-0874/2015-PRE.

Persoa interesada: Fernando Gallego Páramo.

NIF: 36030376W.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: baixada a Menduíña, nº 68, Cangas.

Expediente: PSC-PO-0960/2015-PPM.

Persoa interesada: Mª de los Ángeles Pereira González.

NIF: 78737026E.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avda. de Ourense, nº 7, 1º esq., Cangas.

Expediente: PSC-PO-1044/2015-PPM.

Persoa interesada: Damián Rodal Ramos.

NIF: 77002931N.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Diego Carmona, nº 43, Baiona.

Expediente: PSC-PO-1059/2015-PPM.

Persoa interesada: Alfredo Landín Rosales.

NIF: 76934160B.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Cabo Falcoeiro, nº 8, Poio.

Expediente: PSC-PO-1062/2015-PPM.

Persoa interesada: Gerardo Pazos Martínez.

NIF: 76932201F.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: camiño do Castro, nº 1, Poio.