Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22861

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 12 de maio de 2016, da Xerencia Municipal de Urbanismo, da modificación do uso dotacional de uso asistencial público a educativo no Plan parcial de Navia (expediente 15410/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 25 de abril de 2016, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Rectificar o erro material existente na parte dispositiva do acordo adoptado polo Pleno do Concello de Vigo o día 26.5.2008, que queda co seguinte teor literal: «Aprobar o cambio de uso dotacional público da parcela municipal E-4-1 do Plan parcial de Navia, de 10.000 m2 de superficie, que se segregará da matriz E-4, de educativo a asistencial público –centro de coidados xerontolóxicos– (expte. 10890-411)».

Segundo. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o cambio do uso dotacional da parcela municipal de 10.000 m2 de superficie, sita no ámbito do Plan parcial de Navia, referida como S4-3 no acordo de segregación adoptado o día 16.6.2008 pola Xunta de Goberno Local, de asistencial público (centro de coidados xerontolóxicos) a docente.

Terceiro. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG e notificalo, para o seu coñecemento, ao IGVS, a Xestur Pontevedra, á Consellería de Política Social e á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarto. Remitir o presente acordo, xunto con dúas copias debidamente dilixenciadas do aprobado, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para o seu coñecemento e efectos. No anuncio de aprobación, referido no dispositivo segundo deste acordo, farase constar esta remisión.

Quinto. Notificar este acordo á Concellaría de Educación e á Concellaría de Benestar Social, así como ao Servizo de Cartografía, á Oficina de Planeamento-Xestión, á Oficina de Licenzas e á Oficina de Información da XMU.

Mediante o presente anuncio faise constar que, dando cumprimento ao establecido no ordinal terceiro da parte dispositiva, mediante oficio do 12 de maio de 2016 foille remitido o dito acordo, xunto con dúas copias debidamente dilixenciadas do aprobado, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para o seu coñecemento e efectos.

Vigo, 12 de maio de 2016

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo