Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de maio de 2016 polo que se notifica a resolución ditada no expediente DH.D36.08189, relativa ao cumprimento da obriga de reposición.

A Dirección de Augas de Galicia, o 11 de marzo de 2016 ditou resolución pola que se impón a Carmen Soto Domínguez unha primeira multa coercitiva como consecuencia de incumprir a obriga de reposición ordenada na Resolución do 23 de xullo de 2004 ditada no expediente sancionador DH.D36.08189, e outórgaselle o prazo improrrogable dun mes para o cumprimento da dita obriga.

Intentada a notificación por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícase a resolución á interesada e fáiselle saber que unha copia da resolución e da documentación anexa está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela) e que se lle outorga un prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas e recoller a notificación da resolución, tempo durante o cal deberá proceder ao cumprimento da obriga de reposición establecida na resolución do expediente DH.D36.08189.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes, contado desde o seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, ante o director de Augas de Galicia, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a recorrente ten o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia