Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23131

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composión do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 4 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 19 de abril), e pola que se fai pública a data, a hora e o lugar en que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá nos citados procedementos selectivos.

En cumprimento do sinalado na base sétima da Orde do 4 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 19 de abril) pola que se convocaban os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Nomear o tribunal que deberá xulgar a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, que se inclúe no anexo desta resolución.

Segundo. Indicar a data, a hora e o lugar en que se realizará a citada proba:

Data: 18 de xuño de 2016.

Hora: ás 10.00 horas.

Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5, Santiago de Compostela (A Coruña).

Terceiro. Quedan autorizadas as comisións de servizos dos membros do tribunal que necesiten desprazarse para o exercicio de tal función, e teñen dereito a percibir as axudas e gastos de viaxe de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo), e deberá entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros y Recursos Humanos

ANEXO

590053-Lingua e literatura castelá.

Tribunal único.

Posto

NIF

Apelidos e nome

Titulares:

Presidenta titular

09710482C

Fournol Marcos, María Teresa

Vogal titular 1

36072116C

Rodríguez Gil, Israel

Vogal titular 2

76821348Z

Vidal Salomón, Marta

Vogal titular 3

32779884P

Gundín Vázquez, José Luis

Vogal titular 4

32834993D

Lois Paz, Ana

Suplentes:

Presidenta suplente

36056836N

González Sestelo, María Soledad

Vogal suplente 1

32781386S

Iglesias Pereira, Juan

Vogal suplente 2

33804685K

Díaz Lozano, María Fe

Vogal suplente 3

11935293H

Guerreira Fernández, Carlos

Vogal suplente 4

34984930K

Losada Romero, Paloma