Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23041

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2016 pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa) a selaxe provisional dun vertedoiro de residuos non perigosos.

1. Encomenda de xestión dos traballos para a selaxe provisional dun vertedoiro de residuos non perigosos.

– Actividade. Selaxe provisional dun vertedoiro de residuos non perigosos sito en Campo Gaiosa (Cerdeda).

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución será de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da sinatura da resolución.

– Modalidade de financiamento. As actuacións serán con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 07.03.541D.6011, na cal existe crédito adecuado e suficiente para a dita finalidade.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio