Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2016 pola que se anuncia a contratación centralizada, polo procedemento negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada, da subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, aos centros de consumo da Rede de enerxía da Xunta de Galicia (Redexga) (expediente 02/2016 SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica (Servizo de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5º. Telefax: 981 54 49 49.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://emprego.ceei.xunta.gal/licitacions.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de solicitudes de participación.

d) Número de expediente: 02/2016 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, aos centros de consumo da Redexga.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, catro lotes.

Lote 1: subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, aos puntos ou centros da provincia da Coruña.

Lote 2: subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, aos puntos ou centros da provincia de Lugo.

Lote 3: subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, aos puntos ou centros da provincia de Ourense.

Lote 4: subministración de combustible de calefacción, gasóleo C, aos puntos ou centros da provincia de Pontevedra.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución das subministracións obxecto dos catro lotes será de dous anos que se contarán desde a data que se estableza para este efecto no contrato, tomando como data prevista de inicio o 1 de outubro de 2016.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 09134000-7 (gasóleos).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula L da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 9.907.559,32 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Lote 1: importe neto: 822.414,86 euros. Importe total: 995.121,98 euros.

b) Lote 2: importe neto: 665.682,21 euros. Importe total: 805.475,47 euros.

c) Lote 3: importe neto: 750.938,21 euros. Importe total: 908.635,23 euros.

d) Lote 4: importe neto: 1.098.247,86 euros. Importe total: 1.328.879,92 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído, do lote ou lotes dos que resulten adxudicatarios.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 29 de xuño de 2016.

b) Modalidade de presentación: no prazo indicado no apartado anterior presentarase o sobre A coa solicitude de participación para o/s lote/s a que opten e a documentación que se sinala no número 6.2.A) sobre A) do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.gal.

d) Número previsto de empresas a que se pretende convidar para presentar ofertas: convidaranse a todas as empresas que demostren a súa capacidade e solvencia para a execución do contrato (documentación do sobre A correcta e completa) de acordo coas condicións establecidas no prego.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata o prazo máximo de resolución do procedemento.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación económica relativa ao aspecto que vai ser obxecto de negociación.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura do sobre B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s os gastos de publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG). A publicación no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), polo seu carácter gratuíto, non orixinará gasto para o/s adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao DOUE: 31 de maio de 2016.

12. Outras informacións:

a) Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=31166.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.12.2014; DOG núm. 3/2015)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria