Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/170-1).

Expediente: IN407A 2015/170-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT DC SMR-703/SMR-706, Porta de Neira.

Concello: Ferrol.

Feitos:

1. O 11 de xuño de 2015 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 20 de xullo de 2015 e no BOP do 7 de xullo de 2015.

3. Solicitóuselles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Liña de media tensión aérea DC SMR-703/SMR-706, entre apoios nº 4 e nº 5, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,047 km, con orixe no apoio nº 4 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas SMR-703 e SMR-706, onde se realiza a derivada ao CT Souto (expediente 149/97), condutor tipo LA-110 mm2 Al, e final no apoio nº 5 existente do dobre circuíto que forman as liñas SMR-703 e SMR-706, no tramo entre a subestación de Santa Mariña (expediente 18352) e o CT A Graña (expediente 7306).

Liña de media tensión aérea SMR-703 a CT Souto, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,027 km, con orixe no apoio nº 4 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas SMR-703 e SMR-706, onde se realiza a derivada ao CT Souto (expediente 149/97), condutor tipo LA-56 mm2 Al, e final no apoio nº 4/1 existente da liña SMR-703 que sustenta o CT Souto (expediente 149/97).

Liña de media tensión subterránea SMR-703 Porta de Neira, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,304 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SMR-703 no tramo entre o CT estrada Catabois (expediente 169/00) e a derivada ao CT Souto (expediente 147/97), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no paso de subterráneo a aéreo para realizar no apoio nº 4 proxectado que substitúe ao existente do dobre circuíto que forman as liñas SMR-703 e SMR-706, onde se realiza a derivada ao CT Souto (expediente 149/97).

Liña de media tensión subterránea SMR-706 Porta de Neira, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,304 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. SMR-703 (que pasará a ser a SMR-706, logo de realizar os empalmes entre estas dúas liñas), no tramo entre o CT estrada Catabois (expediente 169/00) e a derivada ao CT Souto (expediente 147/97), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no paso de subterráneo a aéreo para realizar no apoio nº 4 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas SMR-703 e SMR-706, onde se realiza a derivada ao CT Souto (expte 149/97).

Desmantelamento da instalación que se vai recuar, segundo proxecto.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 87.039,15 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Concederlle a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar, perante esta xefatura territorial, unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña