Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23165

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (669/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 669/2013 por instancia de Jaime Montes Calvelo contra Laboratorios del Noroeste, S.A., Fondo de Garantía Salarial, administración concursal de Laboratorios del Noroeste, S.A., sobre cantidade, nos cales se ditou Sentenza do 25 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Jaime Montes Calvelo contra a empresa Jaime Montes Calvelo, o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Laboratorios del Noroeste, S.A. a lle aboar a Jaime Montes Calvelo a cantidade de tres mil cento setenta e nove euros con sesenta céntimos de euro (3.179,60 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Laboratorios del Noroeste, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de maio de 2016

A secretaria xudicial