Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23121

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no primeiro cuadrimestre do ano 2016, que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Novacaixagalicia.

Sen dotación económica

8.1.2016

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración do estudo «O galego no primeiro terzo do século XX: o nacemento das Irmandades da Fala».

42.500,00 €

11.4.2016

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do estudo «A pegada da emigración galega na literatura».

40.000,00 €

11.4.2016

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do estudo «As mulleres na literatura galega e a súa proxección exterior. Kathleen Nora March».

40.000,00 €

11.4.2016

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao experto universitario en xestión cultural, FF5F.

Sen dotación económica

12.4.2016