Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 18 de maio de 2016, da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, pola que se fai pública unha relación de resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 19 de outubro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 10 de decembro) correspondente ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 19 de outubro de 2015 (DOG do 10 de decembro) da avaliación previa á asignación para o complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e que, logo de intentada a súa notificación no domicilio indicado polos interesados, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, aprobados mediante Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5º andar do CIFP Compostela; rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela), para teren coñecemento do contido das resolucións e deixaren constancia da súa notificación; advírteselles que, de non compareceren no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que lles correspondan.

As citadas resolucións poñen fin á vía administrativa e os/as interesados/as poderán interpoñer contra ela recurso de reposición, ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas ou do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben impugnalas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación,
Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Berta García Orosa

76573822Z

39/1-15-C

María José Alonso Fernández

09724164V

103/1-15-C

José Manuel Suárez Peñaranda

33250174V

297/1-15-C

Izaskun Ibarguren Arizeta

72435729N

372/1-15-C

Luis Miguel Varela Cabo

33322224P

380/1-15-C

Dolores Rodríguez Salgado

36083800C

389/1-15-C

Benito Regueiro García

33205296N

398/1-15-C