Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2016 pola que se lle dá publicidade á encomenda de xestión para a execución de obra, formalizada no mes de maio de 2016.

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización da encomenda de xestión, tramitada pola entidade pública Portos de Galicia durante o mes de maio de 2016, para a execución da seguinte obra:

A) Mellora de servizos afectados e humanización do contorno da ponte de Covelo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: mellora de servizos afectados e humanización do contorno da ponte de Covelo.

3. Valor estimado da encomenda:

48.427,30 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 26 de maio de 2016.

b) Entidade (medio propio da Xunta de Galicia): Seaga.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Un (1 mes).

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia