Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23463

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 4 de abril de 2016 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na devantida orde, publicada no DOG núm. 74, do 19 de abril de 2016, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 14212, no punto 11.3.1, onde di:

«Parte A: incluirá unha proba práctica... dunha serie de exercicios por escrito que se axustará...».

Debe dicir:

«Parte A: incluirá unha proba práctica... dunha serie de exercicios, que poderá ser por escrito, que se axustará...».