Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 13 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, con tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada, para contratar o servizo de limpeza das oficinas de emprego e dos centros de formación dependentes desta xefatura territorial (expediente 01/2016).

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 3 de xuño de 2016, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 22076, onde di: «d) Prazo de execución: desde o 1 de agosto de 2016 ata o 31 de xullo de 2017», debe dicir: «d) Prazo de execución: 24 meses».