Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23534

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (As-26/2016).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-26/2016.

2. Obxecto do contrato: servizo de vixilancia e outros servizos de natureza polivalente dos centros cívicos de Artesanos, Los Rosales, Monelos, A Silva e Monte Alto, e os servizos centrais da Área de Xustiza Social e Coidados, que fomente o emprego social e de calidade, por lotes. Duración: dous anos prorrogables ata un máximo de catro.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 274.015,95 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 20 de xuño de 2016. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 12 de maio de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Mª Eugenia Vieito Blanco
Concelleira responsable de Facenda e Administración