Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23541

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de tres prazas de policía local vacantes no cadro de persoal funcionario.

No BOP de Pontevedra núm. 55, do 21 de marzo de 2016 publicáronse integramente as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión do 7 de decembro de 2015, para a cobertura por funcionarios de carreira de tres prazas de policía local, vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas na oferta de emprego público 2015 (BOP núm. 192, do 5 de outubro) e no BOP núm. 93, do 16 de maio de 2016, de corrección de erros das citadas bases. Acordouse a reposición das citadas prazas vacantes de policía local por Acordo plenario do 28 de xaneiro de 2016.

O prazo de presentación de instancias en que se solicita tomar parte na respectiva proba selectiva é de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referidos a esta convocatoria publicaranse unicamente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación.

Vilagarcía de Arousa, 18 de maio de 2016

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente