Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23682

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de supervisor/a da Unidade de Radioloxía no Hospital da Costa.

Convocada por Resolución do 17 de setembro de 2015 (DOG núm. 191, do 6 de outubro), a provisión dun posto de supervisor/a de unidade para o Hospital da Costa, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas no artigo 3 da dita orde e, na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a da Unidade de Radioloxía para o Hospital da Costa.

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días seguintes ao da publicación desta resolución.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, e no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio, ou comisión de servizos.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpor, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Lugo, 25 de maio de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto: (S-A2-03) supervisor/a da Unidade de Radioloxía.

Nome e apelidos: Ana María Álvarez Gómez.

DNI: *****035M(*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os dereitos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.