Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 23914

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se acorda outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos distintos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.

Deste xeito o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento da devandita lei, determina no seu artigo 89 as modalidades de distincións; na alínea c) figura o distintivo de permanencia, a que se refire tamén o número 3 do artigo 90, cando expresa que este distintivo se entregará aos policías locais, calquera que sexa a súa categoría, cando se cumpran os requisitos de permanencia e de traxectoria profesional exixidos para a súa concesión.

O mesmo Decreto 243/2008, no seu artigo 93.1, establece que o distintivo de permanencia se entregará anualmente, mediante resolución da persoa titular da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, aos policías locais cando cumpran 25 anos de servizos efectivos no corpo, calquera que sexa a súa categoría, sempre que non consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal ou pendentes de cancelar, cuestións que deberán ser acreditadas polos concellos que corresponda.

De acordo co previsto no artigo 93.1, do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo a listaxe de persoas ás cales se lles entregará o distintivo de permanencia, por ter cumpridos, a 31 de decembro do 2015, 25 anos de servizo nos corpos de policía local, segundo as certificacións dos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo de servizos como do resto de requisitos.

Segundo. Comunicar esta listaxe do anexo aos respectivos concellos e publicala tamén para os efectos da súa consulta na páxina web da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Terceiro. As persoas que non figurasen na listaxe do anexo e cumpran cos requisitos para esta distinción deberán solicitar a súa inclusión a través dos respectivos concellos, que remitirán as preceptivas certificacións de cumprimento dos requisitos a esta unidade directiva para a resolución correspondente, no prazo de 10 días.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia
ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia

(Listaxe alfabética, clasificada por provincias e concellos)

• Provincia: A Coruña

– Concello: A Coruña

Manuel Aceña Liste

José Ángel Barallobre Cancela

Luis Barral Rodríguez

Juan Manuel Brea Asorey

Antonio Manuel Cacharrón Arjomil

José Luis Canosa Lamiño

Manuel Cao Puga

Juan José Castiñeira Balsa

César Luis Castro Fraguela

Jesús Costa Fariña

Vicente Coya Rodríguez

Juan Daniel Dequidt López

Manuel Fandiño Rey

Javier Nicolás Fontenla Borrazas

Jaime García Díaz

José Manuel García Rodríguez

Javier Iglesias González

Francisco José Lafuente Rey

Manrique Lema Santiago

Manuel Paulino López Cancelo

Jesús Ángel López Quintela

Manuel López Roibás

Marcos Antonio Mañana Piñeiro

José Antonio Millet Crujeiras

Juan Muíños Insua

Francisco Muñoz López

Fernando Naya Prieto

Luis Manuel Otero Neira

José Pena Carrodeguas

José Luis Pereira Fandiño

Alberto Primoy Basoa

Gerardo Riobo Muiño

Manuel Rodríguez Jarazo

María José Sánchez Naveira

Carlos Sanjurjo Lorenzo

Pilar Varela Varela

Francisco Javier Vázquez Gil

Luis Antonio Veira Hermidas

Juan Carlos Vidal Díaz

– Concello: Arteixo

José Bao Otero

Eduardo Manteiga Sánchez

– Concello: Boiro

Juan Manuel Maneiro Paz

Juan Francisco Silva Segade

– Concello: Cambre

Eduardo Cao García

Enrique Vázquez Mirón

– Concello: Cedeira

Andrés Modesto Alonso Rodríguez

– Concello: Culleredo

Jesús Manuel García Pérez

José Carlos Lage Barbeito

José Antonio Vázquez Conde

– Concello: Negreira

Manuel Baña Esperante

Mario García Pais

– Concello: Oleiros

Joaquín Reiriz Vargas

– Concello: Santiago de Compostela

Juan Luis Barreiro Álvarez

José Ramón Blanco Ferro

Eduardo Castro Otero

José Ramón Conde Pazos

Manuel Curros Esperante

Carlos González Rendo

Lourdes Grobas Fernández

Manuel Iglesias Reboredo

José Ángel Iglesias Tojo

Antonio López García

Ovidio López Rodríguez

Antonio Martínez Mourelos

Francisco Pena Turnes

José Peña Sánchez

José Manuel Pombo Boquete

José Manuel Pombo Ramos

Jorge Fernando Puente Boquete

Manuel Ramos Rey

José Manuel Sampedro Alcalde

Juan Manuel Torre Vázquez

• Provincia: Lugo

– Concello: Rábade

José Manuel Candal Regueiro

• Provincia: Ourense

– Concello: Viana do Bolo

José Mariano Pérez Pérez

Juan Carlos Rodríguez Camba

• Provincia: Pontevedra

– Concello: A Guarda

Juan José Parada Fernández

– Concello: Cangas

Julián Villa Cabral

– Concello: Gondomar

José Manuel De Saa Méndez

– Concello: Moaña

Manuel Eugenio Currás Trigo

– Concello: O Grove

Juan Luis Bea Requejo

Francisco José Candal Cancelo

– Concello: O Porriño

Javier Freiría Pereira

– Concello: Pontevedra

José Antonio Fernández Novas

Laureano Matos Barcia

– Concello: Vigo

Mariano Alonso Iglesias

Bienvenido Avendaño Otero

José Carlos Conde Fernández

Manuel Conde Vázquez

José Manuel Cousiño Sendín

Vicente Domínguez Vila

Ángeles Garrido Domínguez

Carlos Leiros Orge

Gerardo José López Rey

Pergentino Martínez Pampillón

Juan José Troncoso Padín

Alberto Vázquez Alonso

José Jesús Veiga Jorge

María José Viéitez Oitabén