Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24019

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, que completa con inclusión de convenios non incluídos na anterior publicación, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO
Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2016

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), para contribuír ao financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias

O programa integra o conxunto de actuacións que se referencian na carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

O programa desenvólvese nas Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar de AGAT, que están localizadas nas comarcas do Deza, do Salnés e de Bergantiños, e inclúe apoio técnico e psicosocial ás familias das e dos menores usuarios, en concreto:

– Asistencia ás familias dende o seu contorno.

– Promoción temperá da autonomía persoal e prevención das situacións de dependencia.

19.4.2016

300.000,00 €

– Creación de espazos de intercambio de información e autoaxuda na superación de dificultades.

– Orientación, asesoramento e apoio evolutivo, psicolóxico ou psicopedagóxico.

– Programación e realización de actividades compensadoras no contorno familiar.

– Apoio e asistencia técnica aos centros educativos e sociais da comunidade.

– Coordinación con outros recursos sociais do contorno.

No deseño e desenvolvemento dos programas e das actividades obxecto do presente convenio incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Fundación Down Compostela para a execución dun proxecto piloto de actividades de aprendizaxe e integración

Desenvolvemento dun proxecto piloto consistente na realización de actividades de aprendizaxe e integración social e laboral de tres persoas con síndrome de Down, seleccionadas pola Fundación Down Compostela, mediante prácticas formativas na Consellería de Política Social ou, de ser o caso, noutras consellerías da Administración xeral da Xunta de Galicia.

19.2.2016

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, o Concello da Coruña e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa CaixaProinfancia

O obxecto deste convenio é establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, o Concello da Coruña e a Fundación Bancaria La Caixa, co fin de coordinar os esforzos dirixidos a optimizar a aplicación do Programa CaixaProinfancia nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito urbano da cidade da Coruña. Este programa está destinado a facilitar tanto a mellora da situación dos nenos e nenas e das súas familias como a que desenvolvan as competencias e o compromiso necesario que lles permita asumir con autonomía o devandito proceso de mellora.

14.3.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, o Concello de Ferrol e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa CaixaProinfancia

O obxecto deste convenio é establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, o Concello de Ferrol e a Fundación Bancaria La Caixa, co fin de coordinar os esforzos dirixidos a optimizar a aplicación do Programa CaixaProinfancia nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito urbano da cidade de Ferrol. Este programa está destinado a facilitar tanto a mellora da situación dos nenos e nenas e das súas familias como a que desenvolvan as competencias e o compromiso necesario que lles permita asumir con autonomía o devandito proceso de mellora.

14.3.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, o Concello de Santiago de Compostela e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa CaixaProinfancia

O obxecto deste convenio é establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e a Fundación Bancaria La Caixa, co fin de coordinar os esforzos dirixidos a optimizar a aplicación do Programa CaixaProinfancia nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito urbano da cidade de Santiago de Compostela. Este programa está destinado a facilitar tanto a mellora da situación dos nenos e nenas e das súas familias como a que desenvolvan as competencias e o compromiso necesario que lles permita asumir con autonomía o devandito proceso de mellora.

14.3.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, o Concello de Lugo e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa CaixaProinfancia

O obxecto deste convenio é establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e a Fundación Bancaria La Caixa, co fin de coordinar os esforzos dirixidos a optimizar a aplicación do Programa CaixaProinfancia nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito urbano da cidade de Lugo. Este programa está destinado a facilitar tanto a mellora da situación dos nenos e nenas e das súas familias como a que desenvolvan as competencias e o compromiso necesario que lles permita asumir con autonomía o devandito proceso de mellora.

22.3.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, o Concello de Ourense e a Fundación “La Caixa” para o desenvolvemento do Programa CaixaProinfancia

O obxecto deste convenio é establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e a Fundación Bancaria La Caixa, co fin de coordinar os esforzos dirixidos a optimizar a aplicación do Programa CaixaProinfancia nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito urbano da cidade de Ourense. Este programa está destinado a facilitar tanto a mellora da situación dos nenos e nenas e das súas familias como a que desenvolvan as competencias e o compromiso necesario que lles permita asumir con autonomía o devandito proceso de mellora.

22.3.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro Monteledo

Regular a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no centro de reeducación Monteledo.

Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas, de acordo co previsto na alínea n) do artigo 56 da LORPM e no artigo 34 do Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

29.4.2016

4.059.428,57 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro Concepción Arenal

Regular a colaboración entre a Consellería de Política Social e la Fundación Camiña Social para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no centro Concepción Arenal.

Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas, de acordo co previsto na alínea n) do artigo 56 da LORPM e no artigo 34 do Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

29.4.2016

3.893.333,33 €

Acordo de prórroga para o ano 2016 do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, para a atención residencial de menores no centro Emilio Romay

Establecer o marco de colaboración para o ano 2016 entre a Consellería de Política Social e a Deputación da Coruña para a atención residencial de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia no seu centro Emilio Romay da Coruña.

30.12.2015

153.614,99 €