Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24069

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 6 de xuño de 2016 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para contratar persoal docente e investigador contratado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en adiante LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, en uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve anunciar as convocatorias de concurso público nas seguintes categorías:

AD1601. Profesorado axudante doutor (anexo I)

AS1601. Profesorado asociado (anexo II)

LA1601. Listas de agarda (anexo III)

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario de Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, campus universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica http://persoal.uvigo.es/, «Servizo de Persoal Docente e Investigador», premendo en «emprego», «convocatorias de concurso». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 6 de xuño de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file