Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2016 pola que se aproba a apertura dunha convocatoria pública para seleccionar operador para realizar a actividade de explotación da nova lonxa de peixe do porto de Ribeira, mediante o outorgamento de autorización temporal.

Unha vez recibidas diferentes ofertas para a xestión da nova lonxa de Ribeira ata que sexa adxudicado o novo concurso que deberá convocar Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes para realizar a actividade de explotación da nova lonxa de peixe do porto de Ribeira, mediante outorgamento de autorización temporal que se rexerá polo prego de bases aprobado para os efectos, o cal se atopa á disposición dos interesados nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitas en praza de Europa, 5-A-6º, en Santiago de Compostela.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ás catorce (14.00) horas do décimo (10º) día hábil seguinte ao da súa publicación. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

As proposicións presentaranse inescusablemente no Rexistro do ente público Portos de Galicia, nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas), que se atopa situado na praza de Europa, portal 5-A, 6º, Área Central-As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, dirixidas ao presidente de Portos de Galicia, dentro do prazo sinalado neste anuncio.

O prego de bases reitor deste procedemento de concorrencia estará á disposición dos interesados na Plataforma de contratos públicos de Galicia www.contratosdegalicia.es desde o mesmo día da publicación no DOG deste anuncio.

Todas as actuacións deste procedemento se publicarán e notificarán na Plataforma de contratos públicos de Galicia www.contratosdegalicia.es

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia