1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Recursos Económicos.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.
4º. Teléfono: 986 88 51 33.
5º. Telefax: 986 88 58 85.
6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8º. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables (agás os sábados), das 9.00 ás 14.00 horas.
d) Número do expediente: MI-EIP1-16-007.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración sucesiva.
b) Descrición: subministración sucesiva de material para a determinación INR e control do tratamento anticoagulante oral (TAO) con AVK, mediante tiras reactivas/chips a través de analizadores portátiles.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: lote único.
d) Lugar de execución/entrega: plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde.
1º. Domicilio: polígono industrial de Covas.
2º. Localidade e código postal: Negreira, 15863 A Coruña.
e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.
f) Admisión de prórroga: si.
g) CPV (referencia dfe nomenclatura): 33141625-7.
h) Establecemento dun acordo marco: si.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 7.039.110,00 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 2.707.350,00 €.
b) Importe total: 2.978.085,00 €.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos especificos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite da presentación: antes das 14.00 horas do día 5 de xullo de 2016.
b) Modalidade da presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo, 2.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.
4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
d) Admisión de variantes, se procede: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darán lectura ás propostas.
b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.
c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.
d) Data e hora: a data e hora da celebración da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (véxase o prego de cláusulas administrativas).
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de maio de 2016.
12. Outras informacións:
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos