Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, trámite ordinario, de contrato de servizo (clave LU/16/048.01 e unha máis).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 49 86.

5º. Telefax: 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es.

2. Obxecto de cada contrato:

a) Descrición: contrato de servizo para a redacción do proxecto de trazado, estudo de impacto ambiental e proxecto construtivo da actuación: conexión porto seco de Monforte coas estradas LU-933 e CN-120, treito LU-933 – CN-120.

Clave do expediente: LU/16/048.01. Referencia: AT/005/2016.

Orzamento base de licitación: 170.856,57 €, sen IVE. IVE: 35.879,88 €. Importe total: 206.736,45 €.

Prazo de execución: 18 meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=33019.

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

b) Descrición: contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción: VAC de Tui-A Guarda, treito enlace A-55 – enlace de Areas p.q. 0+000-0+630.

Clave do expediente: PO/16/121.01. Referencia: AT/007/2016.

Orzamento base de licitación: 62.401,74 €, sen IVE. IVE: 13.104,37 €. Importe total: 75.506,11 €.

Prazo de execución: 8 meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=33344.

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas:

Garantía definitiva: segundo o especificado no punto H do cadro de características.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

b) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o punto J do cadro de características deste.

c) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

d) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con dous días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Se por algún motivo houber que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. «Constitución e funcionamento da mesa», do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG: por liña 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas