Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0045 e tres máis.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial do Estado (BOE).

A Coruña, 27 de maio de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0045.

Interesado: Manuel González Varela.

Acto notificado: 3ª multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2015-0246.

Interesada: Isla Vionta, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: CO-RES-2016-0050.

Interesado: Enmanuel Daniel Plesca.

Acto notificado: resolución.

Expediente: CO-RES-2016-0058.

Interesado: Razvan Roua.

Acto notificado: resolución.