Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-LU-0001/2016-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-LU-0001/2016-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

Celeiro-Viveiro, 3 de xuño de 2016

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Expediente: PSC-LU-0001/2016-PPM.

Persoa interesada: Carlos José López López.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, 13, 5º A, Ribadeo.

Expediente: PSC-LU-0019/2016-PPM.

Persoa interesada: Carlos José López López.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, 13, 5º A, Ribadeo.

Expediente: PSC-LU-0021/2016-PPM.

Persoa interesada: David Toimil Romero.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Vivendas Bazán, 3, baixo dta., Ferrol.