Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 15 de xuño de 2016 Páx. 24577

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do mantemento das zonas de interese patrimonial.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio Histórico. Nº de expediente: 7889-307.

2. Obxecto do contrato: descrición: a realización das tarefas de conservación, mellora e reposición descritas no prego de prescricións técnicas nas seguintes áreas de interese patrimonial do termo municipal de Vigo:

• Bosque e pradarías do pombal do Pazo Quiñones de León.

• Os xacementos arqueolóxicos do Castro e a Vila Romana de Toralla.

• Áreas de interese patrimonial (muíños das Roteas, do Severo, de Zamáns; mámoa dos Mouros; petróglifo da Laxe; finca Solita e pazo da Raposeira).

• Murallas dos castelos do Castro e San Sebastián.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous (2) anos. Prórroga: si; dúas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 260.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato ou posúan a seguinte clasificación: grupo O, subgrupo 6, categoría 1. b) Solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o seu destinatario, público ou privado, por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario, ou posuír a seguinte clasificación: grupo O, subgrupo 6, categoría 1.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 13 de xullo de 2016.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 1 de xuño de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación