Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24811

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2016 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no cuarto cuadrimestre do exercicio 2014, no 2015 e no primeiro cuadrimestre de 2016.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no cuarto cuadrimestre do exercicio 2014, no 2015 e no primeiro cuadrimestre do 2016, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Anexo

Convenio

Data

sinatura

Importe €

2014

2015

2016

2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas para o desenvolvemento do Proxecto de infraestruturas e equipamento para a creación dun centro de investigación aerotransportada en Rozas (Lugo).

5.11.2014

500.000,00

500.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía no ano 2014.

13.11.2014

7.500,00

Acordo de colaboración para a coordinación de actuacións entre o Igape e a Fundación Gas Natural Fenosa, en materia de promoción, fomento e formación no eido da exportación.

1.12.2014

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Arxon Estrategia, S.L.U., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade das pemes.

4.12.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Fundación Ramón Domínguez, a Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, o Instituto Galego de Promoción Económica e Televisión de Galicia, S.A. para a colaboración na realización dunha serie de programas televisivos de divulgación do emprendemento e as actividades de investigación, transferencia de tecnoloxía dos centros públicos de investigación de Galicia.

16.12.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as Sociedades de Garantía Recíproca, Afigal e Sogarpo, polo que se regulamenta a achega do Igape á dotación ao Fondo de Provisións Técnicas para a prestación de avais ás pemes galegas.

29.12.2014

2.000.000,00

Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) subscrito en data 3.3.2014, para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a rede de plataformas empresariais galegas no exterior (Pexga) e o servizo de licitacións internacionais (SALT).

29.12.2014

1.800.000,00

1.800.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Clúster da Madeira de Galicia, co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

26.2.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Bioga-Clúster Galego Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

26.2.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

2.3.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

15.4.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Clúster Audiovisual Galego, co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

23.4.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Estrategia y Organización, S.A., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

27.4.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Asociación para el Progreso de la Dirección e o Instituto Galego de Promoción Económica para a mellora das competencias directivas, cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, tema prioritario 1.62.

27.4.2015

148.600,00

Addenda ao acordo de colaboración, asinado o 20 de maio de 2013, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Caixa Emprendedor XXI (grupo La Caixa) para a organización do Premio Emprendedor XXI.

21.5.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a programación de actividades conxuntas de formación e asesoramento a emprendedores instalados nos espazos coworking e viveiro da Cidade da Cultura de Galicia.

21.5.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica, a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela, para a organización do Simposio Internacional de Xenética para Acuicultura (ISGA XII).

25.5.2015

10.325,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Clúster do Sector Téxtil Moda de Galicia (Cointega), co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

27.5.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación galegas, para a execución de accións de promoción comercial exterior dentro do programa de accións complementarias de iniciación de Cámara de Comercio de España.

29.5.2015

208.602,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Asociación Clúster da Xeotermia Galega, Acluxega, co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

2.6.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Serviguide Consultoría, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

4.6.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 €, subscrito entre o Igape, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Programa microcréditos).

5.6.2015

50.000,00

145.000,00

Convenio de colaboración para a bonificación dos custos de financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000,00 €, subscrito entre o Igape, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Programa de apoio financeiro ás pemes).

5.6.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2015).

5.6.2015

160.000,00

Convenio de colaboración entre o Igape e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (Proxecto Gem) en España a nivel rexional, cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

12.6.2015

23.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Inova Consultores en Excelencia e Innovación Estratégica, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

12.6.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

2.7.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e OBZ, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

2.7.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía no ano 2015.

9.7.2015

7.500,00

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación EOI para a execución de programas formativos.

10.7.2015

18.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Cluergal (Asociación Clúster Gallego de la Industria y Servicios de Apoyo al Desarrollo de las Energías Renovables y la Sostenibilidad Energética), co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

14.7.2015

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Galego de Promoción Económica para o fomento da innovación do sector naval galego.

30.7.2015

10.000,00

290.000,00

Acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Instituto de Crédito Oficial (ICO) para a difusión das liñas de mediación ICO de apoio á empresa.

31.7.2015

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Instituto de Crédito Oficial (ICO) para apoiar os investimentos das empresas galegas.

31.7.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Federación Galega de Xoves Empresarios para actividades relacionadas cos servizos da Unidade Galicia Emprende, cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

31.7.2015

50.000,00

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste para o desenvolvemento dun proxecto dinamizador de capacidade innovadora do sector naval galego, shipbuilding 4.0.

14.8.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Dirección por Implicación, S.A., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

21.8.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BPO Consultores de Dirección de Empresa Familiar, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

25.8.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Álvarez Real, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

4.9.2015

Sen achega económica

1ª Addenda ao Acordo de financiamento do instrumento de enxeñaría financeira Préstamos Jeremie-Igape previsto no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio das pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia entre a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos, DXPF e o Instituto Galego de Promoción Económica Igape.

9.10.2015

2.391.461,09

Convenio de colaboración entre o Clúster Tic de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a elaboración de plans de sistemas sectoriais.

21.9.2015

77.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Working Capital Corporate Finance, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

23.9.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas (INTA) para a creación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas como centro mixto de titularidade compartida entre as institucións signatarias.

1.10.2015

60.000,00

120.000,00

120.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Arxon Estrategia, S.L.U., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

13.10.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e AT Consultores&Auditores, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

20.10.2015

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre o Instituto de Crédito Oficial e o Instituto Galego de Promoción Económica para potenciar o crédito a empresas na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Programa de financiamento BEI a ICO para empresas con criterios de rexionalización.

20.10.2015

Sen achega económica

Acordo de colaboración para a coordinación de actuacións entre o Igape e os Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei, Valdeorras e D.O. Aguardentes e Licores Tradicionais de Galicia, en materia de promoción, formación e asesoramento dos viños de Galicia durante o período 2015-2016.

29.10.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e Sepes Entidade Pública Empresarial de Solo.

2.11.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Sociedad Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. para a implantación de medidas conxuntas dirixidas a facilitar o acceso ao solo industrial e ao financiamento de proxectos empresariais.

2.11.2015

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Federación Galega de Xoves Empresarios, co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

10.12.2015

Sen achega económica

2ª Addenda ao acordo de financiamento do instrumento de enxeñaría financeira Préstamos Jeremie-Igape previsto no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio das pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia entre a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos, DXPF e o Instituto Galego de Promoción Económica, Igape.

14.12.2015

8.768.354,04

Convenio de colaboración para o apoio ao acceso e adecuación do financiamento as explotacións leiteiras entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras.

16.12.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2016).

16.12.2015

160.000,00

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a coordinación de actuacións de impulso de empresa dixital e industria 4.0.

22.12.2015

447.700,00

670.340,00

3ª Addenda ao acordo de financiamento do instrumento de enxeñaría financeira Préstamos Jeremie-Igape previsto no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio das pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia entre a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos, DXPF e o Instituto Galego de Promoción Económica, Igape.

23.12.2015

4.353.592,93

4ª Addenda ao acordo de financiamento do instrumento de enxeñaría financeira Préstamos Jeremie-Igape previsto no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio das pequenas e medianas empresas e microempresas de Galicia entre a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos, DXPF e o Instituto Galego de Promoción Económica, Igape.

29.12.2015

3.125.000,00

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e ICEX España Exportación e Investimentos para a utilización conxunta de signos distintivos en actividades de internacionalización.

21.1.2016

Sen achega económica

I Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a coordinación de actuacións de impulso de empresa dixital e industria 4.0.

8.2.2016

447.700,00

670.340,00

Convenio de colaboración entre a Asociación para el Progreso de la Dirección e o Instituto Galego de Promoción Económica para a mellora das competencias directivas.

3.3.2016

149.590,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Asociación Gallega de Ferias Eventos (Agafe), co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

7.3.2016

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Fundación EOI e o Instituto Galego de Promoción Económica para a realización de accións de formación e titorización no marco de espazos de coworking.

11.3.2016

480.000,00

480.000,00