Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24821

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2016 pola que se amplía o prazo máximo para presentar a solicitude de anticipo establecido na Resolución do 28 de decembro de 2015 pola que se deu publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro de 2015, publicouse a Resolución do 28 de decembro de 2015 pola que se lle deu publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No punto quinto do Resolvo establécese que a data límite para o prazo de presentación da solicitude de anticipo, unha vez notificada a resolución de concesión, é o 15 de xuño de 2016.

Tendo en conta que non foi posible a notificación da resolución no prazo máximo establecido no punto quinto do Resolvo, o 31 de maio de 2016, os solicitantes non teñen prazo dispoñible para presentar a solicitude de anticipo conforme o estipulado.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1

Ampliar ata o 4 de xullo de 2016 o prazo para presentar a solicitude de anticipo previsto no punto quinto do Resolvo da Resolución do 28 de decembro de 2015 pola que se lle deu publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica