Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25328

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se corrixe a Resolución do 25 de abril de 2016 pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes e de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.

Advertido erro na publicación da Resolución do 25 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes e de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia número 90, do 12 de maio de 2016, cómpre efectuar a oportuna corrección:

Na páxina 18242, no punto 6 da base primeira (Postos que se poden solicitar), onde di:

«Non se admitirá ningunha modificación á solicitude de destino formulada nin desistencia á participación no concurso, unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias. Tampouco se admitirá, unha vez resolto o concurso provisional ou definitivamente, a renuncia ao destino obtido por ningún motivo alegado, nin tampouco polo feito de se equivocar o concursante á hora de cubrir os números de orde da instancia, polo que os funcionarios que participen no concurso deberán asegurarse de que os números de orde de convocatoria que solicitan se corresponden exactamente coas denominacións dos órganos xudiciais ofertados.»

Debe dicir:

«Non se admitirá ningunha modificación á solicitude de destino formulada unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias. Tampouco se admitirá, unha vez resolto o concurso definitivamente, a renuncia ao destino obtido, por ningún motivo alegado, nin tampouco polo feito de se equivocar o concursante á hora de cubrir os números de orde da instancia, polo que os funcionarios que participen no concurso deberán asegurarse de que todos os números de orde de convocatoria que solicitan se corresponden exactamente coas denominacións dos órganos xudiciais ofertados.»

No anexo I, no Xulgado de Paz de Sada (A Coruña) a vacante non existe na ATP XESTIÓN P.A., senón na ATP XESTIÓN P.A. SECRETARÍA, polo cal todo aquel concursante que solicitou o número de orde 10743 enténdese que pediu a resultas a ATP XESTIÓN P.A., e quen solicitou o número de orde 10744 enténdese que pediu como vacante a ATP XESTIÓN P.A. SECRETARÍA.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados centrais do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2016

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza