Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do servizo de desenvolvemento dunha campaña de publicidade para a promoción dos produtos cárnicos de orixe galega (expediente 21/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria para promover o consumo dos produtos cárnicos de orixe galega.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24752

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 62, do 1 de abril de 2016.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 181.815 €; IVE (21 %): 38.181,15 €. Importe total: 219.996,15 €.

Valor estimado: 181.815 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 27 de maio de 2016.

b) Adxudicataria: Canle de Comunicación, S.L.

c) Importe: 216.329,55 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 31 de maio de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: obtivo a puntuación máis alta na oferta técnica e resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural