Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25443

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1273/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1273/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Blanco Martínez contra a empresa Lap Services for Telecom, S.L., Fondo de Garantía Salarial, DC del Carre Abogados, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decreto.

Letrado da Administración de xustiza María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 28 de abril de 2016

Antecedentes de feito

Primeiro. O 27 de novembro de 2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de procedemento ordinario presentada por María José Blanco Martínez fronte a Lap Services for Telecom, S.L., Fondo de Garantía Salarial, DC del Carre Abogados, S.A.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 5 de maio de 2016, ás 10.10 horas.

Terceiro. No acto de conciliación/xuízo, a parte demandante manifestou que desiste da acción interposta.

Parte dispositiva

Acordo:

– Considerar que María José Blanco Martínez desiste da súa demanda de procedemento ordinario fronte a Lap Services for Telecom, S.L. e o seu administrador DC del Carre Abogados, S.A. e Fondo de Garantía Salarial.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1532/0000/--/----/-- no Banco Santander, e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida de “31 Social-Revisión de resolución letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lap Services for Telecom, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza