Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (374/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social nº 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 374/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jaime García-Orea Comiskey contra Albealia Restauración Coruña 2, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade p. ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Jaime García-Orea Comiskey e condeno a empresa Albealia Restauración Coruña 2, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de 3.805,98 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais. Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 5, Patricia López Arranz.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Albealia Restauración Coruña 2, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza