Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación suxeita á regulación harmonizada, procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, que ten por obxecto a adquisición de equipamentos de corte, separación, elevación e tracción de altas prestacións (excarceración) para tarefas de rescate polos servizos de emerxencias, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40: dotación de equipamento, instalación e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma, 25-27, 1º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 72 57.

5º. Fax: 981 54 60 28.

6º. Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=36920

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e da páxina web http://www.axega112.gal

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o 26 de xullo de 2016, ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.16.SU.086.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: a subministración de oito (8) equipamentos de corte, separación, elevación e tracción de altas prestacións (excarceración) para tarefas de rescate.

c) División por lotes e numero: non.

d) Prazo de execución: dous (2) meses desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura: CPV: 35112000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. A pluralidade dos criterios de avaliación enuméranse e detállanse coas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 297.520,66 €, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación: 360.000,00 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 por cento do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica y financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no número 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberase xustificar polos medios sinalados no número 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do 26 de xullo de 2016.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas; deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do dito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma, 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no número 1 c) deste anuncio.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa su oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de las ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e avaliación separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, e do sobre B, cos elementos da oferta que admiten unha avaliación mediante a aplicación de fórmulas, realizaranse conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.

c) Enderezo: rúa Roma, 25-27, 3ª planta, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar en acto público. A data e hora da súa celebración comunicaranse coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de xuño de 2016.

12. Outras informacións.

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén se poderán presentar por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación mediante telegrama ou fax, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto coa tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e avaliación da oferta do sobre B: a apertura do sobre B realizarase en acto público e a data e hora comunicaranse coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores. No caso de que o acto público de apertura das ofertas se modifique, notificaráselles esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicos no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias