Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (35/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 35/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Cao Collazo, contra a empresa Dado Dadá, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou auto o 26 de maio de 2016 e decreto o 30 de maio, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Declaro extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Manuel Cao Collazo con Dado Dadá, S.L. e condeno esta empresa a aboarlle ao executante 37.916,27 euros en concepto de indemnización e 38.155,34 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de non se proceder ao cumprimento desta resolución continuará a presente execución por petición de parte como pecuniaria polo importe total de 76.071,61 euros, máis 7.607,16 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíz».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Dado Dadá, S.L., por importe de 76.071,61 euros de principal (37.916, 27 € indemnización + 38.155,34 € salarios de tramitación), máis 7.607,16 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, e, se non paga no prazo de dez días, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Dado Dadá, S.L. co fin de que no prazo de dez dias manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía do alleamento, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesen, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do auto do 26 de maio de 2016 polo que se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o que se despachou execución (artigo 551.3. punto final).

Notifíqueselles ás partes e a Dado Dadá, S.L., por medio de edictos no DOG, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0035 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 003516”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Dado Dadá, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza