Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, para a subministración e instalación de equipamentos e programas informáticos necesarios para a actualización dun simulador de sala de máquinas no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo (expediente 15/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamentos e programas informáticos necesarios para a actualización dun simulador de sala de máquinas no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo (Pontevedra).

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de entrega será de 3 meses, desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

e) CPV: 30200000-1.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares, epígrafe N da folla de especificacións.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 99.173,56 €. IVE (21 %): 20.826,44 €. Importe total: 120.000,00 €.

Valor estimado: 99.173,56 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Mar.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas epígrafes I e J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: do 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 49 90 (consultas administrativas) 986 23 56 09 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27952

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 54 50 03) ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a data e a hora que se indique na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar