Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 21 de xuño de 2016 Páx. 25692

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (573/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 573/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio García Becerra contra a empresa Asgal 28, S.L.U. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza: 544/2015.

Nº de autos: PO 573/2013.

Sentenza.

Na Coruña o vinte e oito de outubro de dous mil quince.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 573/2013, nos cales é parte, dun lado, como demandante, José Antonio García Becerra, con DNI 32769876M, asistido do seu letrado Carlos Fachado Parada, e, como demandada Asgal 28, S.L.U. e o Fogasa, que non comparecen, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo:

Que admitindo a demanda interposta polo demandante José Antonio García Becerra, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Asgal 28, S.L.U. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 18.329,09 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deben anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Asgal 28, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza