Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2016 pola que se modifica a Resolución do 8 de xuño de 2016 pola que se aproba a apertura dunha convocatoria pública para seleccionar operador para realizar a actividade de explotación da nova lonxa de peixe do porto de Ribeira, mediante o outorgamento de autorización temporal.

Observado un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 13, do 15 de xuño, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 24561, no prazo para a presentación de solicitudes,

Onde di: «comezará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ás catorce (14.00) horas do décimo (10º) día hábil seguinte ao día da súa publicación».

Debe dicir: «comezará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ás catorce (14.00) horas do vixésimo (20º) día hábil seguinte ao día da súa publicación».

O dito prazo comezará a contar desde a publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia