Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de vixilancia e seguridade no complexo da illa de San Simón, no concello de Redondela (Pontevedra) (contratación documentalmente simplificada), dependente desta consellería.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24748

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 64, do 5 de abril de 2016.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: servizo de vixilancia e seguridade no complexo da illa de San Simón, no concello de Redondela (Pontevedra), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 69.421,49 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 26 de maio de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 1 de xuño de 2016.

c) Contratista: Servicios SPR Vilanova, S.L.

d) Importe de adxudicación: 64.060,79 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria